top of page

O fútbol en Chantada practícase dende 1915, ano no que se fundou o primeiro equipo, chamado Atlético, que disputaba encontros cos equipos de Lugo e Ourense. Este equipo foi fundado por José Arias "Petete". Nos anos 20, Ramón Soto fundou outro equipo, chamado Fortuna.  

​

Pero naquela época existía un gran problema: atopar un campo regulamentario. Primeiramente, Agustín Lorenzana cedeu un campo, onde se levaron a cabo as primeiras xestas do Atlético chantadino. Máis tarde, alugouse un campo en Marín, o cuxo era un prado no que non se podían facer arranxos.

Logo, volveuse ao primeiro campo, que estaba situado en Zaquín, e co permiso do señor Lorenzana,

todos os mozos do noso pobo puxeron mans á obra: vagóns, carretillas,volquetes, picos... e todo o

esforzo necesario para conseguir nivelar o terreo, que contaba con algo de desnivel.

​

Durante moitos anos o campo de Zaquín rexistrou grandes cheos e partidos e vitorias de gran nivel; por

alí pasaron equipos como o Lemos, Arzúa, Mellid, Carballiño e moitos máis de Ourense, Lugo e pobos

próximos a Chantada. 

​

De Zaquín pasouse ao Sangoñedo, onde aínda hoxe está situado o campo, onde os afeccionados chantadinos celebramos grandes triunfos e onde esperemos que se escriban novas xornadas de gloria para o fútbol chantadino.


Ao longo de todos estes anos moita xente traballou para conseguir que o Chantada sexa o que é hoxe:

​

1950-1955 

Destes anos unicamente podemos recordar que o presidente foi Ramón Fraga.

​

1956-1965 

Presidente: Manuel Diéguez Fernández

Directivos: Paco Castellano, Moncho del David, Lucho Valín, Jesús Otero Soto, Jesús Fernández Rodríguez de Bouza.

Con esta directiva levouse a cabo a operación "Casqueiro", que consistía en pechar o campo do Sangoñedo de madeira; empregouse este sistema porque a economía en aquela época non era excesivamente boa.

1965-1970 

Ao longo destes anos non houbo directiva, aínda que se seguiron xogando partidos amigables.


1970-1972

Presidente: Juan Manuel Méndez Otero
Directivos: Francisco Quinzán, Manuel Vázquez "Pica", J. Ángel Gómez "Piculín", Segundo Rguez. "Campelo", Luis Armesto "Incio", Jesús Fdez. "Zapatero", Eduardo Fdez. "Tatá", Ángel Castro Gil, Félix Pérez, J. Luis Navaza "Zacarías", Rafael Varela, José Levices.
Esta época é unha das máis importantes do clube, xa que se federa o Chantada Fútbol Club , polo que o noso poblo terá por fin un clube de fútbol federado.


1972-1973 
Presidente: Alfonso Quintela Soilán 
Directivos: a maioría dos da directiva anterior. 

1974-1980

Presidente: Serafín Iglesias Fdez. "Fino" 
Directivos: Segundo Rguez. Aguiar "Campelo", Manuel Vázquez "Pica", Alfredo Valín, Manuel Vangueses, Jesús Fdez. "Zapatero", Félix Pérez, J. Ángle Gómez "Piculín", José Lorenzo "Pepiño Foguete", Manuel Iglesias. 
Con esta directiva fíxose historia na campaña 1977/78, conseguindo o primeiro ascenso a Rexional Preferente na historia do clube. Por aquel entón, só había un grupo de Rexional Preferente en toda Galicia, e durante unha década o Chantada mántuvose na categoría.


1980-1982

Presidente: Manuel Iglesias
Directiva: Pedro Ramos, Camilo, Jesús Fdez. "Zapateiro"


1982-1987

Presidente: Manuel Lamas García
Directiva: José Lorenzana, Pedro Ramos, Camilo, Manuel Iglesias, J. Manuel Ledo "Surribas". 
Nesta época conseguiuse a mellor clasificación da historia do clube, e estívose a piques de conseguir o ascenso a Terceira división.


1987-1989

Presidente: José Manuel Ledo Fernández 
Alfredo Vaín Estebanez, Segundo Rodríguez Aguiar “Campelo”, Félix Pérez Román,Jesus Fernández Gómez “Zapateiro”, Manolo Iglesias, Manuel Bangueses, Manuel Vázquez Guerra “Pica”, José Lorenzo “Pepiño Foguete”, José Angel Gómez Couceiro “Piculín”. 
Nesta época o equipo descendeu a 2ª Rexional, pero conseguiuse unha Copa Deputación de Lugo de xuvenís.


1990-1991

Presidente: Issam Alnagm Azzam
Directivos: J. Camilo Regal Teijeiro, Pica, José Benigno, José Antonio Fdez., Antonio Fdez. Diéguez, J. Ángel Rguez.


1990-1993

Presidente: Rafael González 
Directiva: J. Ramón Vázquez, J. Ángel Rguez., Manuel Vázquez "Pica", Ramón Failde. 
Nesta etapa deuse un paso moi importante para o clube, que foi o traslado das categorías inferiores á Federación de Ourense, que tan bos froitos está dando ó fútbol chantadino.

Nas dúas últimas tempadas, polo falecemento de Rafael, Manuel Vázquez "Pica" ocupou a presidencia. Na campaña 1992/93 conséguese o ascenso a 1ª Rexional.


1993-2000

Presidente: J. Ramón Vázquez García 
Directiva: J. Camilo Regal Teijeiro, Manuel Vázquez "Pica", José Benigno Gómez, Jesús Sánchez, J. Antonio Fernández, Antonio Fernández, J. Ángel Rguez.. 
Esta directiva estivo sempre presidida por José Ramón, pero ó longo de estes anos algúns directivos foron cambiando.
Na tempada 1997/98, con Manolo Rigueira de adestrador, os xuvenís conseguiron o primeiro ascenso a Liga Galega na historia da S.D. Chantada. También se conseguiu co equipo xuvenil un campeonato de Copa de Ourense na tempada 1996/97, así como un subcampeonato da mesma competición na 1994/95 e unha Liga.


2000-2004

Presidente: Marcos Cuñarro 
Directiva: Alfonso Expósito "Fonsi", Fco. Javier Pateiro, Javier, Rafael Viñas, Francisco García "Paco", Carlos García García.
Esta época foi unha das mellores da historia do clube, xa que no último ano de mandato conseguíronse os ascensos a Rexional Preferente (con Javier Pateiro de entrenador) e a Liga Galega do primeiro equipo e dos xuvenís (dirixidos por Ismael Calderón), respectivamente. Ademais, disputouse unha Fase de Ascenso a Liga Galega de cadetes na tempada 2002/03 e creouse o Chantada "B" coa finalidade de aportar xogadores ó primeiro equipo.


2004-2005

Presidente: Alfonso Expósito Couso "Fonsi" 
Directiva: Fco. Javier Pateiro, J. Manuel Rguez. Aguiar, Antonio Varela, Ángel Taboada "Chucho", Francisco García "Paco", Carlos García García, Marcos Cuñarro, Isaac Ferreiro, "Boleco", Roberto "Bonsai", Fran de la Torre, José Vázquez "Rulo", Fernando. 
Na súa primeira tempada conseguiuse mantener ó equipo de Rexional Preferente, recén ascendido. Ademais, as categorías inferiores lograron as que por aquel entón eran as mellores clasificacións da súa historia, xa que os cadetes quedaron 3º e xogaron a Fase de Ascenso e os xuvenís quedaron 11º en Liga Galega, conseguindo a permanencia nesta categoría por 1ª vez na historia do clube. Tamén se acada a 1ª Copa Deputación de Rexional Preferente na historia do clube.


2005-2006

Presidente: Carlos García García
Directiva: , J. Manuel Rguez. Aguiar, Antonio Varela, Ángel Taboada "Chucho", Isaac Ferreiro, José Vázquez "Rulo", Fernando, Fco. Javier Pateiro

Nesta tempada conseguíronse unha vez máis as permanencias do "A" en Preferente e dos xuvenís en Liga Galega (quedando 8º, a mellor clasificación), e conseguiuse o ascenso do "B" a 2ª Rexional.
 

2006-2011

Presidente: Ángel Taboada Coego "Chucho"
Directiva: J. Manuel Rguez. Aguiar, Isaac Ferreiro, Fco. Javier Pateiro, Toño Méndez, Manel, Leiva, Varela e Arias.
Na primeira campaña, os cadetes gañan a liga por primeira vez na historia e quédanse a un paso do ascenso a Liga Galega. Os xuvenís igualan a súa mellor clasificación (8º) pero con máis puntos. Na tempada 2008/2009 o Chantada B descende a 3ª Rexional.
Na tempada 2009/2010 o Chantada descende a 1ª Rexional; os cadetes quedan 2º en liga e copa e disputan a fase de ascenso, onde quedan eliminados. Ademais, o xuvenil A consegue un histórico ascenso a Liga Nacional.
Tempada 2010/2011: conséguense o ascenso do A a Preferente e do B a 2ª Rexional; o xuvenil A descende a Liga Galega e os cadetes quédanse ás portas de gañar a liga (pérdena polo goal-averaxe) e do ascenso, quedando eliminados na ronda decisiva polo valor dobre dos goles.

  

2011-2013 

Presidente: José Vázquez Vázquez "Rulo"
Directiva: J. Manuel Rguez. Aguiar, Fco. Javier Pateiro, Toño Méndez, Manel, Arias, Leiva e Jordi Batlle.
Na primeira campaña o equipo de Preferente mantén a categoría quedando no medio da táboa e alcanza o subcampionato da Copa Deputación.

Ademais, créase o equipo feminino federado por primeira vez na historia do clube. Por falta de xogadoras non é posible darlle continuidade a este proxecto.

  

2013-2016 

 

Presidente: José Antonio Méndez.

Directiva: Jordi Batlle, Arias, Víctor, Gelucho, Juan Arrojo, Merceditas e Zarralleiro

O primeiro equipo mantén a categoría as tres tempadas, e queda subcampión de Copa na tempada 2013/2014. No último ano de mandato o Chantada B acada un histórico ascenso a 1ªRexional.

No tocante ás categorías inferiores, o xuvenil descende de galega tras unha década manténdose na categoría, e aínda que ascende ó ano seguinte (gañando Liga e Copa), volve descender na 2015/2016.

O cadro cadete acada o seu segundo título de liga na campaña 2013/2014

  

2016- 

 Presidente: Mercedes Arias Serna, PRIMEIRA MULLER QUE PRESIDE A NOSA ENTIDADE.

Directiva: José Manuel Taboada, Marta Arrojo, Roberto Fiunte, André Sánchez, David Vázquez, Adriana Pardo, Isaac Ferreiro, Brais Varela. 

antigua.jpg
bottom of page